Solicitan que na páxina web do Concello se especifique o que cobra cada membros da corporación municipal así como as contías económicas que recibe cada grupo político. Nunha moción que se vai debater no vindeiro pleno ordinario o xoves día 6 ás 20:00 horas solicitan tamén que se faga público os cartos que reciben os membros da corporación por asistir a outros organismos e as dietas recibidas polos concelleiros con responsabilidades de goberno.
Dende a Agrupación de Electores de Redondela consideran que a cidadanía debe ter un acceso fácil á información en todo o relativo ao gasto dos cartos públicos motivo polo que reclaman unha maior transparencia en todo este tema sobre todo nun momento como o actual ante as crítica que recibe a clase política.
Para facilitar que todos os veciñas coñezan o que as formacións políticas e os seus membros cobran por diversos conceptos solicitan a través dunha moción, que o pleno se comprometa a publicar na páxina web do concello o salario de cada un dos membros da corporación, a contía da subvención recibida por cada grupo político, os cartos que reciben os membros da corporación por asistir a outros organismos, como a Deputación ou Portos de Galicia, as dietas recibidas polos concelleiros con responsabilidade de goberno e os gastos de protocolo do equipo de goberno. Finalmente reclaman que se fagan públicos estes datos dende o inicio do actual mandato.