Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco Pastor pide o compromiso dos futuros clientes para se instalar en Chapela

RR_Noticias

Os veciños interesados en contar cunha oficina bancaria na Avenida de Redondela están chamados a asinar unha “declaración de intencións” na que amosen o seu compromiso a trasladar as súas contas bancarias ao Pastor se esta entidade abre unha sucursal na zona alta da parroquia.

O Pastor estuda abrir una oficina bancaria na Avenida de Redondela que atendería a todos os veciños da zona alta da parroquia de Chapela logo de que quedaran sen este servizo tralo peche da oficina de Novagalicia Banco a principios de maio. Malia o interese manifestado polo Pastor nunha reunión mantida cos veciños o pasado venres, a entidade solicita un compromiso que lles garanta a viabilidade do negocio. Por este motivo, durante toda a semana as persoas interesadas en contar cunha oficina bancaria na zona alta da parroquia poden deixar os seus datos en horario de 19:00 a 21:00 horas no Multiusos do Piñeiral. Unha “declaración de intencións que non compromete a ninguén” segundo explica Roberto Villar dende a Asociación de Afectados pola Ampliación da AP-9, pero que no caso de contar con moitos apoios garantiría que o Pastor se decida finalmente a abrir dita sucursal.  

Roberto Villar voceiro
O Pastor solicita o compromiso dos veciños para abrir unha oficina.
Oficina-axencia
A nova sucursal permitiría ós clientes facer todas as xestións de caixa na Avenida de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará