Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os premios Peña Novo recoñecen a traxectoria do etnógrafo e historiador galego Clodio González

RR_Noticias

Os galardóns desta XIX edición dos premios Peña Novo, que se entregarán o día 28 de xuño no Castelo de Soutomaior, recoñecen tamén o compromiso coa lingua galega do Colexio de Avogados de Santiago e o Concello de Valga.

Un ano máis os premios Lois Peña Novo veñen recoñecer o labor tanto individual como colectivo daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administración públicas e que fan co seu traballo cotiá, publicacións, estudios, traballos de investigación, etc… que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Así, nesta XIX edición o xurado salientou no seu fallo o labor de investigación realizado polo etnógrafo e historiador galego Clodio González Pérez, recoñecen ademais o compromiso coa lingua galega durante máis de dez anos no ámbito profesional do Colexio de Avogados de Santiago e premian ao Concello de Valga polo desenvolvemento dunha política lingüística efectiva.
Os premiados foron elididos por un xurado composto por Marisa Peña Cebrerio, secretaria xeral do Consello Galego de Relacións Laborais; Xosé Carballido Presas, enxeñeiro facultativo da consellería do Medio Rural; Manuel Pérez Rúa, técnico de Cultura do Concello de Moaña e Gonzalo Amoedo López, funcionario do concello de Redondela e premiado edición anterior, que actuaron como vogais e Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundación.
Os premios entregaranse no Castelo de Soutomaior o 28 de xuño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará