Logo dunha espectacular temporada de traiñeiriñas, na que acadaron o Campionato de España na categoría xuvenil masculina e tres medallas no Campionato Galego, preparan xa o asalto á Liga Galega de Traiñeiras, que arranca o 7 de xullo en Sanxenxo. O obxectivo é pelexar pola liga, como veñen facendo nos últimos anos, e gañar a Bandeira de Redondela.
Para aspirar ó máis alto do remo galego teñen como credenciais unha gran temporada de traiñeiriñas nas tres categorías, logo de facerse con tres medallas no Campionato Galego disputado en Esteiro e coa Bandeira do Campionato de España xuvenil masculino. O vicepresidente do club, Julio Prado, recoñece que se superaron “todas as expectativas” cun resultados “extraordinarios”, sendo o único equipo galego que subiu ó podio autonómico nas tres finais. Agora teñen un mes de prazo para preparar a Liga Galega de Traiñeiras (LGT-A) que comeza o 7 de xullo en Sanxenxo oca II Bandeira Nauta. Prado recoñece que facerse co título galego “será complicado” pero que pelexarán por estar “entre os mellores”, como veñen facendo nos últimos anos. E logo da experiencia das traiñeiriñas augura que Samertolaméu, Cabo da Cruz e Amegrove serán os seus rivais polo título. A LGT-B, na que compite o C.R. Cesantes, comeza tamén o 7 de xullo coa Bandeira Concello de Cangas. As citas do remo en Redondela serán o 13 de xullo, coa regata que organiza o C.R. Chapela e o 14 de xullo coa Bandeira Concello de Redondela en Cesantes.