Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concurso “A Redondela dos Porcos” amplía o prazo de presentación de fotografías

RR_Noticias

O colectivo Sen Ghasoil mantén aberto o prazo de presentación de fotografía ao concurso “A Redondela dos porcos ata o vindeiro 10 de xuño. As fotografías poden concorrer ao concurso en dúas categorías, foto artística e foto denuncia, dependendo da súa temática e deben enviarse ao correo senghasoil@gmail.com. Por outra banda, organizan mañá mércores un obradoiro de Obradoiro da Danza das espadas local social O Recuncho.

Na categoría de foto artística concursarán aquelas imaxes que recollan á vida dos porcos nas cortes mentres que concorrerán na categoría de foto denuncia as imaxes que reflictan as actuacións incívicas dos veciños. As fotografías recolleranse ata o luns día 10 de xuño, ás 24 h no correo de senghasoil@gmail.com e serán expostas nos días posteriores no Centro Social O Recuncho, en horario de 20:00 a 22:00 horas, lugar no que habilitará un espazo para que todas aquelas persoas que o desexen voten as tres fotos gañadoras. O premio final consistirá nunha cota anual de socio/a do Local Social O Recuncho e un porquiño e todos os participantes recibirán un catálogo da exposición. Danza das espadas Por outra banda o local social O Recuncho, na rúa Reveriano Soutullo, acolle o mércores 5 ás 16:30 horas un obradoiro de iniciación á Danza das espadas. Aberto a nenos de calquera idade que deberán levar un cinto, estará impartido por algún dos integrantes da Danza.  

Ana Bea Rodríguez Senghasoil
Un concurso diferente para reflexionar
Premios e exposición
As fotos poderanse ver no Local social O Recuncho

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará