Un pleno extraordinario convocado para o xoves día 6 ás 19:00 horas abordará tanto o orzamento municipal para o 2013 como a cuestión de confianza. Así o anunciou o alcalde Javier Bas, logo de que no pleno celebrado hoxe se rexeitase con votos en contra de PSOE, BNG e AER as contas municipais para o presente ano.
No caso de que pasado mañá a oposición rexeite os orzamentos e a cuestión de confianza presentada por Bas, os tres grupos contarán cun mes de prazo para consensuar e presentar un candidato á alcaldía e un orzamento alternativo. De non presentar a oposición un candidato, o orzamento dos populares aprobaríase automáticamente dentro dun mes.