Está dirixido a rapaces e rapazas a partires dos 8 anos de idade. As actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 30 de agosto. As inscricións poden facerse no propio club ou no teléfono 986.45.29.76. O prezo da actividade é de 50 euros. Trátase dunha iniciativa que ven repetindo a entidade nos últimos anos e que está a supoñer un éxito de participación.
A Escola de Verán é un bo xeito de dar a coñecer esta práctica deportiva entre os máis novos, que aproveitan os meses de vacacións para achegarse ás actividades náuticas. Moitos deles continúan logo no club, pasando a formar parte da ampla canteira do remo de Chapela, que suma xa máis de cen de remeiros. Os resultados esta temporada están a ser excelentes, logo do gran papel do club en traiñeiriñas, logo de facerse con tres medallas no Campionato Galego e coa Bandeira do Campionato de España xuvenil masculino. Agora teñen un mes de prazo para preparar a Liga Galega de Traiñeiras (LGT-A) que comeza o 7 de xullo en Sanxenxo oca II Bandeira Nauta. No club recoñecen que facerse co título galego “será complicado” pero que pelexarán por estar “entre os mellores”, como veñen facendo nos últimos anos. E logo da experiencia das traiñeiriñas augura que Samertolaméu, Cabo da Cruz e Amegrove serán os seus rivais polo título. As citas do remo en Redondela serán o 13 de xullo, coa regata que organiza o C.R. Chapela e o 14 de xullo coa Bandeira Concello de Redondela en Cesantes, da LGT-B.