Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Balsas: “non entendemos que alguén que se di de esquerdas favoreza dúas veces un goberno do PP”

RR_Noticias

O responsable local do BNG, Xavier Balsas confirma que o seu grupo estaba disposto a apoiar a investidura dun goberno socialista porque ao seu entender “calquera opción era mellor que un goberno do PP”. Unha negociación que rachou antes de se iniciar logo de que AER anunciara a súa decisión de non apoiar ningún goberno alternativo.

Balsas lembra que xa hai dous anos manifestaran a súa intención de apoiar a investidura dun alcalde do PSOE sen entrar a formar parte do goberno. Unha posición que mantiñan na actualidade aínda que esa posibilidade xa se descartou logo de que a Agrupación de Electores anunciara que non ía apoiar ningún goberno alternativo ao PP. Dende o BNG entenden que esta Agrupación deberá explicar “como alguén que se di de esquerdas favorece un goberno do PP en dúas ocasións, xa que argumentando que non apoian a ninguén están a dar un apoio tácito ao PP”. Sobre a situación na que queda o goberno de Javier Bas entende o responsable local do BNG que “por moito que se queira dende as filas do PP transmitir unha lectura de que saen reforzados, este é un goberno débil como o foi dende o seu inicio e como o acredita que se teña que enfrontar a esta situación a metade do mandato”. Sí lamenta Balsas que como consecuencia directa da falta de entendemento entre os grupos da oposición se vaia aprobar un orzamento que o Bloque rexeita por diferentes motivos, sendo un dos principais o feito de que non se recolla no mesmo a construcción dun Centro de Día no antigo colexio de Trasmañó “tal e como se acordara de xeito unánime na anterior lexislatura” e que ven demostrar que “ao PP non lle interesan nin os maiores nin os servizos sociais”. O PP aprobará automaticamente os seus orzamentos o día 6 de xullo si como se prevé non se presenta a moción de censura.  

Entrevista a Xavier Balsas BNG
Os nacionalistas estaban dispostos a apoiar unha moción de censura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará