Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O punto de asesoramento aos preferentistas recibe 30 afectados no día de apertura

RR_Noticias

Foron atendidas 11 das 30 persoas que durante a mañá de onte se achegaron a este  punto de asesoramento instalado no Multiusos da Xunqueira. Para facilitar a atención e evitar as demoras estase dando cita a todos os afectados que se achegan a esta oficina que permanece aberta en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A avogada que atende o servizo resolveu dúbidas sobre a quita que afecta tanto ás preferentes como ás subordinadas, o canxe e a liquidez, os custes de recorrer á vía xudicial e as posibilidades de ser chamados á arbitraxe unha vez que xa rematou o prazo para solicitar esta vía.
A oficina permanecerá aberta en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres ata o vindeiro 16 de agosto aínda que non se desbota a posibilidade de ampliar ese prazo no caso de que a demanda así o aconselle.
Dende a Unión de consumidores de Galicia aconsellan a todos os afectados, en Redondela máis de 600 persoas, a achegarse a este punto de asesoramento onde se lles atenderá de xeito personalizado e se lles ofrecerá atención individualizada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará