O animal, que quedara atrapado na cepa dunha viña, fuxiu ante de que puidera ser recuperado polo traballadores dun Centro de recuperación de aves que se desprazaron ao lugar na tarde de onte logo de ser avisados polo servizo do Grumir de Redondela.
Nada se sabe a estar horas do falcón que na tarde de onde permaneceu durante horas atrapado na cepa dunha viña no barrio de Outeiro das Penas en Cesantes. Foi un veciño quen alertou ao 112 da presenza do animal nunha leira da zona. Ata alí desprazouse unha patrulla do Grumir quen comprobou que o animal, cun anel identificativo e unha correa, quedara atrapado na viña. Ao carecer de medios para proceder a súa captura e posterior transporte, optouse pro chamar ao Centro de Recuperación de Aves de Pontevedra. Con todo, cando o persoal deste centro chegou ao lugar o animal xa tiña desaparecido.
Todo apunta a que o falcón é o mesmo que hai mes e medio desapareceu do aeroporto de Peinador, onde estes animais se encargan de manter o espazo aéreo libre de aves, especialmente gaivotas, que poidan entorpecer as manobras de aproximación e despegue dos avións.