Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER insta ao alcalde a dimitir logo de perder a confianza do pleno

RR_Noticias

A Agrupación de Electores, no boletín informativo que reparten entre os veciños aproveitando o día de feira, explican os motivos que os levaron a non pactar con ningún partido “nin na investidura nin na censura” e acusan ao alcalde Javier Bas de actuar con “chulería e prepotencia” ao empregar “unha artimaña legal para tentar aprobar os seus ornamentos” en referencia á presentación da cuestión de confianza.

Reiteran dende AER os motivos que os levaron a votar contra un orzamento que malia recoller moitas das súas propostas non dotan axeitadamente partidas que consideran prioritarias como os servizos sociais, o emprego ou o ensino. Acusan ademais ao goberno popular de seguir “coa dinámica do goberno anterior de non elaborar bases para axudas e dar os cartos a dedo a través de subvencións nominativas, tipo de subvencións que aumenta para o 2013”.
Uns orzamentos que ao entender da AER deberían quedar sobre a mesa por teren sido rexeitados por todos os grupos da oposición. Por este motivo cualifican de acto prepotente a decisión do rexedor local de presentar unha cuestión de confianza vencellada a ditas contas municipais e instan ao alcalde a presentar a súa dimisión logo de ter perdida a confianza do pleno “ninguén lle obrigou convocar esta cuestión de confianza, este órdago saíu de vostede, e vendo o resultado, aínda que formalmente non está vinculada ao seu cargo, se ten un mínimo de ética e decencia política, debería abandonar ese sillón do que di non ter apego”.
Sobre a súa decisión de non apoiar unha moción de censura  explican que “AER non pacta ningún goberno de ningún partido, nin na investidura nin na censura” e rexeitan que se lles culpabilice de que na alcaldía redondelá gobernen os populares xa que “os responsables ou culpables de que goberne o PP son os 6.635 votantes que lles deron unha maioría de concelleiros”. Conclúen que “AER non apoiou a ninguén, logo AER non é responsable de nada. En cambio, AER si que sería responsable dun goberno do PSOE e polo tanto tamén responsable de enganar aos seus votantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará