Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela confirma tres incorporacións para loitar en División de Honra B

RR_Noticias

Logo de que a Federación Española de Balonmán certificase a participación do Solla&Cía Chapela na División de Prata para a tempada 2013-2014, o club traballa para reforzar o seu cadro de xogadores. Toño Lafuente (procedente do Cisne), Enrique Fernández (Seis do Nadal) e Marco (Balonmán Lalín) serán os novos pupilos de Fran Teixeira.

Pero aínda precisan máis incorporacións logo da saída de Roberto Sánchez, Rafael Gestido, Sergio Teixeira e Antón Sequeiros. O técnico recoñece que será “complicado” pelexar por manter a categoría, xa que se trata dunha liga onde moitos equipos loitan polo ascenso e hai “un gran nivel” de xogo. Con todo, confía no seu equipo e asegura que a base do proxecto para a próxima temporada está “no actual cadro de xogadores”. A limitación de recursos económicos, moi inferiores aos de outros club desta liga, súplena coa ilusión e o esforzo de todo o club (xogadores, os técnicos, directiva) e o apoio incondicional da súa afección. Ademais na temporada 2013-14 viviranse derbis moi interesantes xa que outros dous equipos galegos militan na División de Honra B: Academia Octavio e S.D. Teucro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará