En total de oito restaurantes da localidade súmanse este ano á iniciativa que promove a gastronomía local cunha oferta dunha completa mariscada para dúas persoas por 80 euros. Os comensais optarán ademias a importantes premios como unha fin de semana na Pousada do Castelo de Soutoamior.
O menú que ata o vindeiro domingo día 30 poderán degustar os comensais que se acheguen aos locais participantes da iniciativa consiste nunha completa mariscada composta de doce ostras, unha centola, seis cigalas, percebes, unha lagosta, catro vieiras, navallas, dúas sobremesas e unha botella de María Vinyals. O presidente da Asociación de empresarios, Andres Cal lembra que “non hai mellro lugar para degustar un bo marisco que a localidade de Arrcade”. Algo que promoven precisamente con este tipo de iniciativas aplaudidas polos hostaleiros participantes que entenden é un xeito de promover a gastronomía local e animar aos turistas a se achegar ao concello. Malia a crise os participantes esperan superar o número de clientes de edición anteriores e lembran que todos os participantes poderán optar a suculentos premios entre os que se atopa unha estancia dunha fin de semana no Castelo de Soutomaior, nove mariscadas para dúas persoas e tres cheques regalos de 50 euros así como 9 lotes de viño de María VInyals. Os locais participantes son o Restaurante Avenida, o Restaurante Isape, a Marisquería Arcade, O Recreo de Arcade, o Restaurante Arcadia, o Restaurante Ría de Arcade, o Restaurante Veiramar e a Tapería Bonsai.