Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Bargiela imponse na VI Carreira Popular Concello de Redondela

RR_Noticias

O corredor do Bikila amosouse moi superior ao resto dos participantes impóndose con claridade na carreira disputada na mañá de onte en Redondela e que contou coa presenza de máis de 500 atletas que desafiaron ás altas temperaturas polas rúas do casco urbano e a súa contorna. Na categoría feminina a mellor foi Sara Pérez Rodríguez do Comesaña Sporting Club.

En total 525 adultos e 300 nenos participaron na carreira que arrancaba diante da Casa do Concello, con percorridos diferentes segundo as idades. Na proba de adultos o primeiro en chegar a meta logo de superar os 6.500 metros do percorrido foi Daniel Bargiela, sacándolle máis de trinta segundos a Álvaro Prieto Fervenza do Club de Atletismo Afflelou de Narón e máis dun minuto a Rubén Pereira do club Atletics Smooy Team.
Na categoría feminina a mellor foi Sara Pérez Rodríguez do Comesaña Sporting Club quen chegou a meta vinte segundos antes que a súa compañeira de equipo Sofía Freaza. A terceira na categoría foi Ariana González da Sociedade Atlética do Tegra.
Unha proba con éxito de participación e fin solidario, xa que parte dos fondos recadados doaranse á asociación Lenda de Atención a persoas con enfermidades mentais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará