O ex ciclista e profesor redondelán Marcos Sérrano é dende o pasado mes de abril o responsable de botar a andar a Escola de Ciclismo de Redondela que con tan só dous meses de vida conta xa con 35 nenos de entre 6 e3 18 anos dándolle ao pedal. A súa actividade como director deportivo arrancou no Club de Ciclismo de Ponteareas. O seu obxectivo é que os nenos acaden un perfecto dominio da bicicleta.
A escola arrancaba no pasado mes de abril logo de que Marcos Sérrano constatase a demanda existente no noso concello, xa que eran moitos os rapaces que se desprazaban a Ponteareas para aprender e practicar. E a resposta non se fixo esperar, xa que en tan só dous meses o club conta con 35 nenos dispostos a aprender o oficio. O obxectivo é que eses nenos acaden un perfecto dominio da bicicleta ademais de espallar a afección entre os cativos e tamén fomentar a seguridade vial entre os usuarios da bicicleta. En segundo plano queda a competición xa que o primordial é a formación O club comezou a adestrar nas instalación do Colexio de Angorén e trasladáronse hoxe mesmo ao Campo de Reboreda, “un lugar máis axeitado lonxe do tráfico e próximo ao camiño da auga” segundo explicaba Marcos Sérrano. O ex ciclista comenta a boa saúde da que goza o ciclismo galego a nivel da base xa que “aínda que profesionalmente a situación en Galicia é difícil logo da desaparición do equipo Xacobeo, na base a afección mantense” como o amosan escola como a que xa está a funcionar no noso concello.