Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de recuperación de materias nos institutos de Redondela e Chapela

RR_Noticias

A Concellería de Ensino de Redondela organiza por segundo ano, en colaboración coa Consellería de Educación, uns talleres de recuperación dirixidos a alumnos de 3 e 4 da ESO que se van desenvolver nos institutos do Concello e que buscan loitar contra o fracaso e o abandono escolar.

Nesta ocasión vanse organizar os módulos durante o mes de xullo para que os estudantes preparen, coa axuda dun equipo axeitado, as materias de cara ás probas de setembro. Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e nos mesmos participarán alumnos que durante o curso tiveron baixo rendemento académico ou desmotivación para o estudo, pero que dende os seus centros de ensino, sempre a través dos departamentos de dirección e orientación, considerouse que poden mellorar considerablemente cunha axuda extra fóra do período lectivo.
No curso pasado a valoración do programa e os resultados acadados foi, segundo os propios docentes e mestres dos rapaces e rapazas, moi boa, polo que se valora moi positivamente investir de novo nestas liñas que tratan de reforzar a motivación e así previr o tan temido abandono precoz das aulas.
O programa desenvolverase en dous centros de Redondela. No IES de Chapela impartiranse calses catro días á semana cun total de 10  alumnos en horario de 10:00 a 12:00 h, dous días á semana para as materias da área de letras e outros dous días para as materias de ciencias.
O IES Illa de San Simón acollerá a 11 alumnos propios e a outros 12 alumnos do IES Pedro Floriani.  En total, 23 alumnos con clases tamén catro días á semana en horario de 9:30 a 13:30 h.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará