O Campo da feira acolle o mércores 3 ás 21:00 horas unha nova edición do Día da Muiñeira coa participación de seis grupos de baile tradicional: Airiños de San Simón de Cesantes, Anaquiños, Fonte d,Ouro e Froles Mareliñas de Chapela, O Carballo das cen pólas de Reboreda e o grupo Chan das Pipas de Saxamonde.
Unha actividade organizada pola Concellaría de Cultura de promoción da música e o baile tradicional máis representativo do noso folclore e onde ademais dos grupos de baile haberá actuación musical a cargo do Grupo de gaitas Aluarado de Vilar, que como vén sendo habitual nesta celebración, tocará as pezas que van bailar os diferentes grupos participantes.
Cultura anima a toda a veciñanza a que se achegue ao Campo da Feira para gozar desta manifestación cultural senlleira da nosa cultura popular e demostrar así o apoio aos grupos que manteñen viva a nosa cultura.