Redondela acolle esta tarde unha charla informativa sobre as preferentes que terá lugar ás 18:00 horas no Multiusos e que estará impartida por letrados especialistas. Este encontro ven completar o labor do punto de asesoramento legal que dende a súa posta en funcionamento ten atendido a preto de cen persoas na súa oficina ubicada no segundo andar do edificio da Xunqueira.
Os afectados polas preferentes e subordinadas de Redondela terán esta tarde ocasión de aclarar as súas dúbidas e consultas con asesores especializados nestes produtos. As seis da tarde celébrase unha charla informativa organizada pola Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores, ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre ambas as dúas entidades co obxectivo de darlle o maior apoio e asesoramento posible a todos os afectados.
Esta charla complementa a atención personalidade e individual que está a prestar a oficina de asesoramento legal aberta o pasado 18 de xuño e que leva atendidos a preto dun cento de afectados. Un servizo que está previsto continúe ata mediados do mes de agosto e ao que se poden achegar todos os veciños que o desexen previa petición de cita no propio Multiusos.