Entenden que ambos os dous servizos deberían estar en activo e que o atraso na contratación do persoal é exemplo da improvisación e falta de proxecto do goberno local que levan a un deterioro na xestión municipal”.
Explican dende o BNG que cumprida xa a primeira semana de xullo, e ante a afluencia de numerosos bañistas ás praias de Redondela, aínda non se rematou co proceso de selección de socorristas malia “tratarse dun procedemento que se realiza todos os anos, e que a pesares de depender dunha subvención da Xunta, existe partida orzamentaria para prestar un servizo de obrigado cumpriento”. Aseguran que o persoal debería estar en activo dende mediados de xuño.
Na mesma liña apuntan que se está a atrasar o proceso de contratación de persoal para a dotación dunha brigada contrainciendios.
Ao entender do BNG o motivo destes atrasos responde en gran medida “ao estancamento do goberno do PP con motivo da presentación dunha moción de censura así como á fala de previsión e atraso na planificación da xestión municipal”.