Este departamento investirá un total de 25.000 euros que se repartirán entre aqueles colectivos e centros parroquiais que soliciten estas axudas para o desenvolvemento de actividades orientadas a contribuir a mellora das relacións entre os veciños. Poderán solicitar estas axudas asociacións de veciños, os centros parroquiais e as federación de asociacións de veciños que presenten a solicitude pertinente no rexistro de entrada do Concello antes do vindeiro 18 de xullo.
Os colectivos poderán solicitar axudas para un máximo de dúas actividades e os criterios de valoración terán en conta o número de socios da entidade así como a repercusión e duración no tempo das actividades para as que se solicita a axuda. Tamén se valorará o tipo de actividade, sendo as máis valoradas as de formación.
Non se subvencionará os gastos de funcionamento das entidades, a edición de libros e revistas, as viaxes de ocio, festas gastronómicas e festas populares e a organización de conferencias e charlas.
As bases para a concesión desta subvencións poden ser consultadas no BOP do 1 de xullo ou a través da páxina web do concello.