A biblioteca municipal de Soutomaior ven de poñer en marcha unha curiosa iniciativa consistente no intercambio de libros por comida, co obxecto de reunir alimentos non perecedeiros que serán entregados a Cáritas. Un mercadiño que se celebra por segundo ano e no que poden participar todos os que o desexen ata o vindeiro 19 de xullo.
Quen dixo que os libros non dan de comer?, detrás desta pregunta se agocha unha campaña de recollida de alimentos que arrancaba o pasado luns e que se prolongará ata o venres 19 de xullo. Durante dúas semanas as persoas que o desexen poden achegarse á biblioteca Luís Seoane de Arcade en horario de mañá de 9 a 14:00 horas e facer alí as súas doazóns de comida. Arroz, garavanzos, lentellas azucre… calquera produto non perecedeiro será ben recibido. A cambios os participantes poderán facerse cun libro entre un amplo fondo procedente sobre todo de doazón particulares e onde se atopan libro de literatura infantil e xuvenil, obras de temas específicos, adna deseña ou novelas. Este á a segunda edición dunha iniciativa que o anos pasado recolleu 300 quilos en alimentos, segundo nos explicaba a responsable da biblioteca, Gráciela Arias. Un proxecto que parte da biblioteca Luís Seoane de Arcade en colaboración co Concello de Soutomaior e a asociación Cáritas.