Co gallo de que a devolución sexa satisfactoria durante a xornada do luns 15 e o martes 16, técnicos das empresas que realizaron as obras do Tren de Alta Velocidade reuniranse en horario de mañá, de 9:00 a 13:00 horas cos propietarios das fincas que foran expropiadas temporalmente e que van ser devoltas.
Rematados xa os traballos realizados no Val do Maceiras co gallo da construccións do Tren de Alta Velocidade, ábrese agora o proceso de devolución dos terreos aos seus propietarios, logo de que estas leiras foran ocupadas temporalmente polas máquinas.
Co gallo de que a devolución sexa satisfactoria durante a xornada de hoxe, o luns e o martes, técnicos das empresas que realizaron as obras reuniranse en horario de mañá, de 9:00 a 13:00 horas cos propietarios das fincas que foran expropiadas temporalmente e que van ser devoltas. O obxectivo é que aqueles propietarios que non estean conformes coa situación na que se atopan estes terreos no momento da súa entrega poidan facer as obxeccións pertinentes.