Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a segunda fase do XXXIX Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Logo de dúas semanas de encontros na pista da Xunqueira marcados nos primeiros días polas altas temperaturas que deberon afrontar os xogadores, arranca hoxe a segunda fase cos dezaseis equipos que resultaron clasificados. Entre os superviventes atopamos a algúns dos favoritos como Pablo Valle Deporte, Opel Fimauto ou Rodavigo.

Sesenta encontros, cinco cada día, foron os disputados nesta primeira fase que comezaba o pasado 1 de xullo e que deixan a un total de 16 equipos que se repartes do seguinte xeito:
GRUPO E: Rodavigo, Cafetería O Nordes, Drink Tin e CCD Cesantes.
GRUPO F: Celtic Luada, Vimar, Agrocar e Degal San Marcos.
GRUPO G: Opel Fimauto, Royal Picasso, Cafetería Mapache e Redontur.
GRUPO H: Pablo Valle Deportes, O Chusco D´Guay, MVG009 e Discoteca Diva.
A partir de hoxe luns ás 20.30, catro partidos ó día servirán para que os dous primeiros de cada un dos grupos,  se clasifiquen para cuartos de final. Hoxe xogan ás 20.30 Rodavigo- Cafetería O Nordés, Drink Tin- C.C.D.Cesantes, Celtic Luada-Vimar e pecha a xornada o partido que as dez da noite enfrontará a Agrocar con Degal Saan Marcos.
A organización amosa a súa satisfacción pola alta afluencia de público e o nivel dos equipos de esta edición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará