Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grupos portugueses e galegos no VII Arrastro Rock

RR_Noticias

Unha nova edición deste festival de rock que nacía no 2006 como iniciativa dun grupo de amigos que comprobaron como ano tras ano está a crecer en participación, seguidores e sona. Este sábado o programa arrancará ás cinco da tarde con actuacións ininterrompidas ata altas horas da madrugada.

Os primeiros en subirse ao escenario serán os integrantes do grupo redondelán Circo de Pulgas, cun repertorio rockeiro pero suave que dará paso a sonidos máis fortes conforme avancen as horas. A continuación e aídna de tarde será a quenda de Síndrome del norte, a quen lle seguirán Dredd, Dantalion, Dream Circus, Mutand Squad, Talesien e The Ransack. Xa de madrugada pechará o concerto a música dos tamén redondeláns Nocheni. Un concerto no Muiño das Xastras do Cadaval en Reboreda con asistencia de balde e, para que ninguén se perda, dende a organización lembran que haberá sinalización dende a praza da Farola.

Carlos Míguez organización
Fai un repaso polos grupos que participan nesta edición
Breixo Fernández organización
Un festival practicamente autofinanciado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará