A praia de Arealonga en Chapela acolle o sábado ás 21:30 horas unha actividade musical e cultural organizada pola Asociación berete. O festival ofrecerá as actuacións musicais dos grupos Sons de Castro de Santo Estevo, o Orfeón mariñeiro do Berbés e Mero e Mini, membros integrantes da agrupación folk A Quenlla e fundadores dun grupo clásicos do panorama musical galego como foi Fuxan os ventos.
Unha cita cultural que contará tamén cun espazo no que o humor, o teatro e o monólogo van da man coa actuación do actor Pepe Penabade co seu personaxe Rodesindo da Barrosa. Dende a organización salientan o espazo emblemático no que se celebra esta cita cultural, na praia de Arealonga e animan aos veciños a asistir.