A rúa estará pechada a partir do vindeiro luns día 29, data na que está previsto que comecen os traballos de desmonte das pedras que conforman o muro e que foron numeradas semanas atrás. O obxectivo é volver colocalas de xeito que se asegure a estrutura que ameaza con derrubarse. As obras obrigarán a cortar o tráfico na rúa Telmo Bernárdez e a desviar os vehículos por Reboreda.
As obras de reconstrucción do muro da Igrexa Santiago Apostol está previsto que comecen o vindeiro luns día 28. O obxectivo é endereitar un muro que ameza con derrubarse. De feito e ante o evidente risco de desprendementos a parede de pedra permanece apuntalada dende hai meses e nos últimos días procedeuse ao numerado das pedras, co obxectivo de desmontar a estrutura e volver colocala de xeito que se asegure a súa estabilidade.
A Policía Local ten elaborado xa un plan de tráfico alternativo de xeito que os residentes na zona de Os Eidos e os vehículos que queiran acceder ao lugar deberán facelo a través da estrada que sube a Reboreda ata chegar á nova rotonda do AVE para dende alí desviarse á esquerda e poder así baixar por Pousadouro.
Unha obras que se prolongarán durante aproximadamente 15 días e que serven para asegurar un muro cun importante valor histórico por formar parte da antiga muralla de Redondela que rodeaba o Casco histórico da vila.