Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con tres desfibriladores nas instalacións deportivas de Santa Mariña e Chapela

RR_Noticias

Os equipos, entregados pola Deputación de Pontevedra, van ser instalados nos pavillóns municipais de Redondela e Chapela e no complexo deportivo-campo de fútbol de Santa Mariña. Estes dispositivos están incluídos nun completo paquete de material sanitario, e permiten incrementar notablemente as posibilidades de salvar a vida tras un paro cardíaco.

As instalacións deportivas do municipio de Redondela estarán dentro duns días dotadas con todo o equipo sanitario necesario para atender ás posibles vítimas de paro cardiopulmonar. O Concello de Redondela foi incluído no programa da Deputación de Pontevedra no que se repartiron un total de 80 desfibriladores semiautomáticos para 38 concellos. Todos serán colocados en instalacións deportivas, no caso de Redondela será nos pavillóns municipais de Redondela e Chapela e no campo de fútbol de Santa Mariña. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que está demostrado que contar cun desfibrilador e outros elementos como as cánulas de Guedel en recintos con gran afluencia de público pode ser fundamental para salvar vidas. Actuar nos primeiros minutos cun desfibrilador e a reanimación cardiopulmunar eleva un 75% as posibilidades de salvarse. Cómpre lembrar que en España se rexistran cada ano 24.500 paros cardíacos, dos que só o 5% salva a vida. Se en todos os casos se actuase nos primeiros minutos usando un desfibrilador para deter a fibrilación do corazón e realizando manobras de reanimación cardiopulmonar para a oxixenación, esa porcentaxe elevaríase ata o 75%. Louzán lembrou que no marco deste programa xa se formou a 161 persoas para que poidan usar os desfibriladores e, deste xeito, evitar posibles dramas. O desfibrilador e a reanimación cardionpulmonar é vital para garantir a supervivencia ante un paro cardíaco, porque “calquera o pode sufrir” e cada minuto que pasa sen atención, redúcense entre un 7 e un 10% as posibilidades de salvarlle a vida. Cada un dos 80 desfibriladores que se entregaron incluía material adicional como un xogo de electrodos, un resucitador manual con mascarilla e reservorio, 3 cánulas de Guedel, guantes estériles, rasuradora estéril, 2 dispositivos Boca-Boca con funda chaveiro, e a sinalización de espazo cardioprotexido. Así mesmo, en cada pack entregouse a documentación necesaria para que os concellos procedan a dar de alta os desfibriladores no 061. Ao remate do acto, os participantes nos cursos de formación recibiron tamén as correspondentes acreditacións que os capacitan para poder utilizalos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará