Na pasada XXXIX edición do Mundialito da Xunqueira, como unha das novidades introducidas, tivo lugar un concurso fotográfico, onde baixo o tema “A Xunqueira”, os participantes deberían plasmar imaxes do torneo para optar aos 50 euros do premio. O xurado tivo que elixir entre máis de vinte instantáneas, das que saíu gañadora a do mozo Olimpio Conde Crespo.
Na xornada de onte, na tenda de fotografía Dravis, Sandra Bastos, colaboradora do Redondela FS, fixo a entrada do galardón. Dende a directiva do Redondela F.S. non descartan continuar con este tipo de acciones culturais, misturadas coas deportivas, e xa están a traballar en iniciativas similares.