Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Rande denuncian a falta de limpeza na praia

RR_Noticias

Residentes da zona de Rande trasladáronlle ao PSdeG-PSOE de Redondela a súa preocupación polo abandono do seu areal. A praia de Rande atópase nun estado “lamentable”, segundo denuncian, coas papeleiras sen limpar e con gran acumulación de algas, o que impide o disfrute da veciñanza.

Para o grupo municipal socialista a situación demostra “a falta de actuación” por parte do goberno local na zona en máis de dúas semanas, segundo informa o PSOE redondelán nun comunicado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará