Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo Senghasoil presenta unha campaña para fomentar o consumo no comercio local

RR_Noticias

A asociación, unha iniciativa xuvenil dentro do programa Xuventude en Acción, convoca ós comerciantes de Redondela a unha xuntanza hoxe xoves, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela, co gallo da presentación da campaña para “Consume no pequeno comercio local”.

O colectivo leva xa varios meses traballando neste proxecto, e no acto de hoxe van presentar a imaxe da campaña, un adhesivo co debuxo gañador do concurso realizado entre nenos de Redondela. Trátase dun traballo de Clara Molpeseres Rey, unha nena de 6 anos, que recolle unha imaxe do comercio tradicional. Beatriz Fervenza, do colectivo Senghasoil, sinalou que tamén se repartirán entre os comerciantes unhas postais co mesmo debuxo para que os repartan entre os seus clientes, onde se expoñen as razóns de por que consumir no pequeno comercio local. A proximidade destes establecementos, que evita desprazamentos e polo tanto reduce a contaminación, a necesidade de apoiar a economía local e sostible, xunto co trato personalizado destes negocios son algúns dos motivos que apunta a campaña. No acto de esta tarde tamén está previsto que se celebre un pequeno coloquio entre o colectivo e os comerciantes, co fin de concretar novas formas de continuar co proxecto e que Senghasoil siga a colaborar co comercio local.  

Beatriz Fervenza de Senghasoil
A asociación explica ata oito motivos polos que elixir o comercio local.
Novas campañas
Desde Senghasoil pretenden colaborar co comercio local con outras iniciativas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará