Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural e Social de Chapela presenta o próximo curso 2013-2014

RR_Noticias

A cita é o venres, día 30 de agosto ás 20.00 horas no Multiusos de Chapela. Para o acto convocan a todos os alumnos inscritos e aquelas persoas interesadas en formar parte destas actividades. Na presentación darán conta de todo o relacionado coas actividades a realizar e se lles aclarara todas aquelas dubidas sobre a programación.

A Asociación Cultural e Social de Chapela ofrecerá este próximo curso 18 actividades diferentes, pensadas para todas as idades, de formación, mellora de saúde e benestar persoal. Tamén na súa Escola de Música impartiranse clases de instrumento de 20 modalidades diferentes, Ludoteca musical para nenos/as a partir de 2 anos , música e movemento de 3 a 5 anos, Aulas de ensinanzas Musicais para Adultos, Aprendizaxe afeccionados así como formación para futuros profesionais.
O pasado curso participaron nas actividades ofrecidas pola Asociación Cultural e Social de Chapela 650 alumnos cada semana. Tamén dentro do seu programa social , como o pasado curso, disporá de unha aula de reforzo para nenos de familias con baixo poder adquisitivo, onde unha profesora, de forma voluntaria realizará un apoio escolar aos nenos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará