Diferentes grupos de Redondela actuarán hoxe mércores, ás 21.30 horas, na Praza da Casa da Torre dentro da programación do Verán Cultural do Concello. Música de gaitas e pandeiretas servirán de acompañamento a un serán que reivindica a tradición cultural galega.
Actuarán os grupos de San Vicente de Trasmañó, Pandeireteiras e Gatas Terra Meiga, do Viso e o Grupo Froles Mareliñas de Chapela.