Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas preside a inauguración “verdadeira” do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela

RR_Noticias

O rexedor local inaugurou na tarde de onte a piscina de Chapela, en Arealonga, nun acto multitudinario ao que asistiron políticos locais, representantes dos colectivos sociais da parroquia e moitos veciños. Desde hoxe e ata o sábado o centro ofrece unhas xornadas de portas abertas para que todos os que o desexen poidan facer uso das instalacións.

No acto, ao que acudiron membros do goberno local e da oposición, así como representantes de asociaicóns da parroquia e moitos veciños, Bas salientou que se trataba do inauguración “verdadeira” do Centro de Deportes Acuáticos. O alcalde afirmou que a anterior inauguración, feita polo ex-rexedor Xaime Rei, non fora “real”, xa que había importantes carencias nas instalacións. Explicou que a falta de suministro eléctrico, de auga e mesmo das autorizacións necesarias foron algúns dos “atrancos” que o actual goberno local tivo que superar. Bas Corugeira agradeceu tanto ós técnicos do Concello como á empresa concesionaria, Aqualia, a súa implicación “para solucionar todos os problemas”. Acompañados polos responsables da piscina e monitores, tanto os membros da corporación como os veciños visitaron as instalacións, incluídos os vestiarios e as salas de ximnasia. Os participantes coincidían na modernidade das instalacións e as magníficas vistas ao mar que ofrece desde as amplas ventás. A directora do centro, Patricia Pérez, sinalou que o ritmo de inscricións “é moi bo”, e xa son máis de 450 os abonados ás instalacións. Como moitos destes abonos son familiares, o número total de usuarios supera os 1.000, entre nenos e adultos. Os veciños estaban xa desexosos de que a piscina fose abrira as súas portas ó público. É o caso de María José, que xa fixo un abono familiar para practicar deporte coa súa parella e fillos. O centro ofrece máis de trinta actividades diferentes de natación e ximnasia, que se impartirán na piscina, a sala de fitnes, dúas salas de ximnasia e unha de fisioterapia. O prezo dos abonos oscila desde os 23 euros mensuais para os nenos e maiores de 65 anos, e os 42 euros do bono familiar para catro ou máis membros. Con este bono os usuarios poderán participar en todas as actividades que se oferten nas instalacións. Entre as actividades atópase o bikeindoor, cardiobox, fitpilates ou fitpower, ademais dos cursos de natación. O horario de atención ó público para inscribirse e recibir información é de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.  

Javier Bas alcalde
O rexedor presidiu a inauguración real da piscina de Chapela.
Patricia Pérez directora do Centro de Deportes Acuáticos
A responsable da piscina amósase satisfeita co ritmo de inscricións.
María José usuaria
Moitos veciños formalizaron xa o seu abono.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará