O Bloque denuncia o que cualifican de “presenza constante e permanente de persoas alleas ao equipo de goberno e vinculadas ao Partido Popular, nas inmediacións da alcaldía”. Apuntan o caso concreto do ex concelleiro Alberto Pazos, quen “malia ter abandonado o goberno hai meses” ten aparecido en diferentes actos “no lugar que unicamente lles correspondería aos membros do goberno local”.
Entenden dende o bloque que se trata dun “uso antidemocratico das institucións que deben representar a todos os veciños” e engaden que as persoas mencionadas non teñen ningún tipo de relación co goberno municipal, polo que a súa presenza no concello obedece “unicamente ao intento dun uso caciquil e partidista da administración municipal”.
Repecto desta situación lembran o acontecido no pleno no que se debateu a moción de confianza cando “un grupo de persoas vinculadas ao PP xa estaban comodamente sentados no Salón de Plenos ante de se iniciarse a sesión mentres o resto dos veciños e veciñas agardaban pacientemente a que se lles abrisen as portas do Concello”. Inauguración da piscina de Chapela
Dende o BNG critican tamén a presenza constante nas inmediacións da alcaldía do exconcelleiro Alberto Pazos malia ter abandonado o goberno municipal hai varios meses e non desenvolver ningún tipo de función no concello.
Para o BNG, a situación máis grave tivo lugar durante a inauguración da piscina de Chapela xa que “mentres os concelleiros da oposición se integraron entre os veciños e veciñas que acudiron a esta cita, este militante do PP mantívose ocupando o lugar que unicamente lle correspondería aos membros do goberno local”.