Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela imponse ao Porto na I Taça Vindouro de Portugal

RR_Noticias

O conxunto de Fran Teixeira desprazouse ata San Joao de Pesqueira con moitas baixas para disputar este torneo, e regresou cun triunfo de gran prestixio cun marcador de 32-36. Os redondeláns tardaron algo en meterse no partido, pero pouco a pouco melloraron posicións na defensa e aproveitaron o contraataque para marcar diferencias.

O Solla&Cía Chapela, que esta temporada volve á División de Honor Prata, desprazouse a Portugal coas baixas de Fabián, Casal e Toño, por motivos laborais, e a de Óscar, que continúa a recuperarse da fractura de tabique nasal sufrido no partido contra o Cangas. Teixeira desprazou a xogadores do equipo territorial e xuvenís, que fixeron un gran encontro, e xa no tempo de descanso gañaban de tres goles (17-20). Este mércores, día 4 de setembro, xogarán en Pontevedra o Trofeo da Peregrina diante do Teucro.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará