Un festival que se celebra por primeira vez no noso concello, logo de tres edicións en diferentes puntos do Morrazo. Unha cita cultural que se vai desenvolver en dous escenarios: ás 18:00 horas na Disco Tasca cun recital poético e no recinto da antiga feira do gando con actuacións musicais a partir das 21:00 horas.
A Central Unitaria de Traballadores (CUT) organiza este sábado en Redondela a cuarta edición do Festival da Cultura Proletaria. A cita comezará ás 18.00 horas cun recital poético e unha posta en escena teatral na sala Disco Tasca. Xa pola noitiña a partir das 21:00 horas a antiga feira do gando acollerá os concertos dos grupos Tres Estralos, RMS, Bolboreta, The Tetas Van e Leo Arremecághona. Ademais a asociación Xoeira colaborará coa organización de obradoiros infantís e habilitarase un espazo para que as asociación que o desexen compartan información das súas actividades