Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía arranca a liga na División de Prata diante do Alcobendas co obxectivo da permanencia

RR_Noticias

O sábado comeza a competición oficial para o equipo de Fran Teixeira na División de Honra B. Debutan na casa, diante do Alcobendas, ás 18.30 horas. Será un partido “duro”, segundo o adestrador, xa que o rival pelexou a temporada pasada polo ascenso a Asobal. Con todo, os redondeláns tentarán poñerse as cousas difíciles co apoio da súa afección.

Logo dunha pretemporada na que se mediron a rivais de alto nivel como Porto F.C., Bemfica, Teucro ou Atlético Novás, comeza a competición oficial. Hai moita expectación en Chapela con este partido, xa que supón o regreso do equipo á División de Prata do balonmán estatal logo de varias temporadas quedando ás portas do ascenso. No club son conscientes de que as dificultades “serán moitas”, sobre todo polos longos desprazamentos que se verán obrigados a realizar ao longo da temporada. Como explica Teixeira, ás maratonianas xornadas en autobús hai que sumar o feito de que moitos xogadores terán problemas para viaxar polos seus compromisos laborais. Con todo, o técnico asume que superarán as dificultades con “ilusión e traballo” para acadar o obxectivo da permanencia. Isto vai supoñer un importante cambio de mentalidade para o equipo, que nas últimas temporadas sempre estaba nos postos de cabeza da Primeira Nacional, con moi poucas derrotas, e agora terá que loitar pola salvación.  

Fran Teixeira adestrador
O obxectivo do club é loitar pola permanencia na División de Prata.
Solla&Cía Chapela-Alcobendas
O equipo estréase na liga cun partido en Chapela diante do Alcobendas.
Dificultades cos desprazamentos
Os longos desprazamentos pola península será un dos problemas do equipo esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará