A Asociación implica a diferentes entidades, dende os bateeiros pasando polo Club ciclista de Redondela baixo a dirección de Marcos Sérrano ou o club de balonmán, para organizar unha xornada de actividades variadas que se van desenvolver o sábado na Alameda da parroquia. A música e o baile serán protagonistas indiscutibles nunha celebración na que non faltará a gastronomía a prezos populares.
Dende as doce da mañá, hora na que está previsto que arranque a marcha cicloturista haberá actividades variadas que se prolongarán ata a madrugada. Tamén nos primeiras horas do día celebrarase un campionato de balonmán infantil e unha concentración de vespas, todo elo ao son da música dos pasarrúas do grupo de gaitas Froles Mareliñas e as actuación dos grupos de baile de Chapela e Saxamonde. Pola tarde continuarán as actividades folclóricas con grupos chegados dende Mos, Atios, Cangas ou Asturis que contará coa representación do grupo Cobijeru de Bluena. Pechará as actuacións os bailaríns do Froles Mareliñas e a continuación o protagonismo será para o quinteto Ludovaina. Unha agrupación do Morrazo que ofrecerá un concerto antes de dar paso ao serán nocturno. Durante todo o día os asistentes poderán achegarse tamén a algún dos 22 postos instalados na Alameda e nos que se venderán productos variados, sen esquecer outro aspecto fundamental da cita, o gastronómico, xa que se servirá polbo, tortilla, empanada ou mexillóns a prezos populares.