Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman o arranxo do tramo de balaustrada do Alvedosa derrubada hai máis de dous meses

RR_Noticias

O PSOE denuncia que as medidas de seguridade no lugar do suceso son insuficientes e que o punto representa un perigo para a veciñanza xa que no tramo afectado a balaustrada foi substituída por dúas vallas de obra e unha cinta. Por este motivo solicitan que se lle dea unha solución de forma inmediata.

A balaustrada foi derrubada o pasado 8 de xullo cando un vehículo se precipitaba ao Alvedosa levándose por diante parte da estrutura que se encontra separando a beirarrúa e o río na Avenida Ernestina Otero.
Dende o PSOE denuncian que dous meses despois a balaustrada continúe con ese burato “coa única protección para os viandantes e tamén para os vehículos que circulan pola transitada rúa de dúas vallas de obra e dunha cinta”. Engaden que as partes da balaustrada que se atopan xusto inmediatamente despois do lugar do accidente tamén quedaron moi afectadas “e basta con apoiarse nelas para darse conta de que non están fixas e de que poden virse abaixo en calquera momento”. Malia todo neses puntos non hai protección algunha.
Por este motivo solicitan que o goberno local repoña canto antes a balaustrada afectada, ademais de que revise toda a estructura que se atopa a carón do río para evitar males maiores nun futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará