Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Policía e Grumir actúan en Chapela ante a ameaza de reactivación dun incendio en Aucosa

RR_Noticias

Na mañá de hoxe foi necesaria a intervención dos efectivos da Policía Local e o Grumir de Redondela para evitar que se reproducira o incendio que na xornada de onte se producía na baixada ás instalacións da empresa Aucosa en Chapela. Os axentes refrescaron a zona e evitaron a propagación dun lume que xa se dera por extinguido ás 19:30 horas de onte.

O lume iniciábase ás 18:25 horas de onte por causas descoñecidas nas inmediacións de acceso ás instalación da empresa Auxiliar Conserveira Aucosa en Chapela. O incendio estendeuse rapidamente por unha ladeira duns 300 metros xunto á nave na que se acumulaba moita maleza, chegándose a temer que puidera alcanzar un depósito de combustible situado na entrada da fábrica. Finalmente o incendio foi sufocado en aproximadamente unha hora grazas á intervención de dous camións motobombas de Protección Civil de Redondela e Bombeiros de Vigo, ademais de dúas patrullas da Policía Local e Nacional.
Malia a que o lume xa se dera por extinguido, na mañá de hoxe foi necesaria novamente
a intervención dos servizos de emerxencias logo de que se comprobase que había posibilidade de que o incendio se reproducise. Por este motivo ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e o Grumir que se encargaron de refrescar a zona para evitar a reactivación do lume.
Do mesmo xeito tamén se procedeu na zona de A Teixeira na parroquia de O Viso, lugar no que a última hora da tarde de onte se producira un incendio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará