Esquerda unida reclama como opción vinculante dos orzamentos participativos a creación de hortas sociais e viveiros municipais por seren estes un motor fundamental do sector primario, favorecer o autoconsumo dos veciños e servir para a recuperación de superficie agraria.
A creación das hortas sociais segundo explican dende a formación política teñen unha dobre finalidade. A máis inmediata é que os veciños en situación de desemprego o con dificultades económicas, poidan cubrir as súas necesidades básicas. Serven ademais para a recuperación de hectáreas que pasaron de ser superficie agraria para a produción de alimentos, a ser superficie forestal, que na maioría dos casos acaba sendo pasto do lume.
Engaden dende EU que a creación dos viveiros municipais e un motor fundamental do sector primario pois neles se produce dende multiflora, vitícola, hortalizas e verduras, ata humus. Ademais realizasen labores de apicultura para axudar a polinización de cultivos por métodos naturais.
Por todo elo dende EU solicitan a creación das hortas sociais e os viveiros municipais, nos que se podería formar a desempregados e ao mesmo tempo fomentar a recuperación dun sector fundamental da economía.