Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla na Casa da Cultura para abordar o conflito dos emigrantes retornados con Facenda

RR_Noticias

O BNG organiza unha charla ás 20:30h sobre a situación dos emigrantes retornados aos que a Axencia Tributaria estalles a impor multas de ata 20.000 por non ter declarado as pensións que recibiron dende outros países. O acto será na Casa da Cultura e contará coa presenza da deputada Olaia Fernández.

A charla quere poñer sobre a mesa a problemática creada cos emigrantes retornados ao seren obxecto de agresións por parte de quen, en teoría, debería defender os seus dereitos xa que segundo denuncia o BNG “o ministerio de Facenda está a lles impor multas a máis de 20.000 galegos que se viron forzados a traballar fóra do País”. Aseguran que como no caso das preferentes estanse a producir “verdadeiros dramas familiares” logo de que a Axencia Tributaria abrise unha vía de investigación específica sobre as pensións estranxeiras que está a revisar dende o ano 2008, último ano non prescrito, e cursando sancións a centos de xubilados galegos por non telas declarado, ben por descoñecemento ou por información errónea.
Neste sentido o BNG presentará no vindeiro pleno municipal unha moción na que se pide que “o concello se posicione na defensa destes veciños que están a ser maltratados polo propio estado”.
Para analizar esta cuestión no acto que se celebra esta tarde ás 20:30 horas na Casa da Cultura contarase coa presenza da deputada Olaia Fernández, quen exporá aos  asistentes as posíbeis vías de negociación para so afectados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará