Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Instan a Augas de Galicia que inicie un expediente sancionador polos vertidos no Maceiras

RR_Noticias

O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros asegurou “estar farto” de que as empresas responsables das obras do AVE non adopten as medidas necesarias para evitar os vertidos que de xeito reiterado e periódico tinguen de branco a canle dos ríos Maceiras e Alvedosa. Logo do vertido do mércores trasladaron xa os feitos ás autoridades competentes e recolleron mostras para a súa posterior análise.

Ballesteros asegura que xa “están fartos” deste tipo de vertidos motivo polo que se reunirán cos responsables da empresa para reclamarlles explicacións de por qué non se están a adoptar as medidas corrrectoras necesarias para evitar que esta situación se repita periodicamente. Independentemente de dita reunión xa lle solicitaron a Augas de Galicia, organismo competente neste ámbito, que inicie un expediente sancionador contra a empresa responsable. Lamenta que as sancións aplicadas non sexan máis duras “xa que moitas veces aínda que se sancione economicamente a cantidade multada é insignificante para empresas cun gran volume de negocio”.  

MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
Explica as medidas adoptadas polo seu departamento logo do vertido
Protocolo de actuación
Inclúe a recollida de mostras para posterior análise
Reunión coa empresa
Aínda se descoñece a procedencia exacta do vertido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará