Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un redondelán por conducir baixo os efectos do alcohol e as anfetaminas

RR_Noticias

O home, de 37 anos, foi detido na tarde do domingo na travesía de Vigo e está acusado dun presunto delito contra a seguridade do tráfico, por conducir baixo os efectos do alcohol e as anfetaminas. O individuo ameazou a un dos policía con mordelo e transmitirlle a Sida.

Os feitos tiveron lugar na tarde do pasado domingo cando uns axentes atoparon un coche estacionado en batería sobre a beirarrúa fronte a un restaurante da rúa Colombia dificultando o paso dos peóns. Cando os axentes instaron ao condutor a que retirase o vehículo, o home arrancou e dirixiuse a toda velocidade marcha atrás por dirección prohibida, poñendo en perigo a viandantes e condutores. Iniciouse a persecución ata que o vehículo foi interceptado nas inmediacións da Travesía de Vigo. Os axentes indicáronlle que apagara o motor e ante a súa negativa tentaron desconectar a chave do contacto. O home ameazou ao policía con mordelo e transmitirlle o virus da Sida.
Finalmente, o individuo foi reducido e logo de practicarlle a proba de alcoholemia e a de detencción de drogas, comprobouse que se atopaba baixo os efectos do alcohol e das anfetaminas polo que se procedeu a súa detención.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará