Maimiña celebra a semana mundial da lactancia materna con dúas actividades a cargo da psicóloga Sonsoles Romero. Baixo o título “Crianza en familia: respectar para educar” a psicóloga clínica e especialista en infancia, adolescencia e crianza respectuosa impartirá unha charla e un obradoiro que se desenvolverán no Multiusos da Xunqueira o mércores e xoves ás 17:30 horas. Haberá obradoiros infantís a cargo de Xoeira.
O traballo da psicóloga Sonsoles Romero, especialista na infancia, adolescencia e na crianza respetuosa, está orientado a apoiar ás familias realizando obradoiros, coordinando grupos e apoiando en consulta individualizada ás familias que así llelo requiren. Nesa liña chega a Redondela da man da asociación Maimiña para celebrar a Semana Mundial da lactancia materna con dúas actividades que terán lugar o mércores e xoves ás 17:30 horas no Multiusos da Xunqueira. A primeira das citas será o día 2 cunha charla na que falará da “vibración familiar”, un concepto que afonda na influencia que as emocións e a enerxía dos pais ten nos seus fillos afectando as súas condutas a curto e longo prazo. Ana Orozco é membro de Maimiña. O xoves impartirá un obradoiro práctico e vivencial baseado nas experiencias e na transmisión de sentimentos e emocións. A primeira das actividade é de balde, mentres que para asistir ao obradoiro é preciso abonar 5 euros. Haberá ademais sesión de obradoiros infantís a cargo de Xoeira, para facilitar a asistencia dos pais e nais ás actividades.