Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pescanova anuncia o “cesamento temporal de actividade” na factoría de Insuíña en Chapela

RR_Noticias

Segundo explican desde a multinacional, o peche do centro de cría de rodaballo débese a unha “racionalización da produción”. Os 18 traballadores fixos da planta serán trasladados á factoría de Oia, e aos eventuais non lles renovarán o contrato.

En Pescanova explican que a produción de alevíns en Chapela non é necesaria porque a demanda cóbrese coa actividade da planta de Pescanova en Oia. A administración concursal, Deloite, xa trasladou a decisión aos traballadores, logo de reunir de urxencia ao comité de empresa. Explicaron que este cesamento de actividade terá lugar nos próximos meses, aínda que “non hai unha data concreta”. En todo caso o traballo na planta de Chapela manterase polo menos “ata que se inicie a fase dúas de produción de rodaballo na planta portuguesa de Mira”. Trátase do primeiro peche que se acomete no grupo pesqueiro por parte dos administradores Senén Touza e Santiago Hurtado, e prodúcese antes de ter o plan de viabilidade definitivo, que elabora a consultora Pricewaterhouse. Desde a contorna da compañía indicaron que se trata dunha piscifactoría “menor”, e a decisión tomouse dentro dun programa de reorganización interno na área específica da cría de rodaballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará