A formación nacionalista, a través da súa edil Cecilia Pérez Orge, lembra que as instalacións levan un atraso de máis de dous anos e critican a falta de resposta por parte do goberno local sobre os compromisos concretos da Consellería de Benestar para a súa apertura.
O BNG critica que logo de varios meses o goberno local sega sen aclarar cales son os compromisos concretos da Consellería de Traballo e Benestar de cara a poñer en funcionamento un centro de día que leva máis de dous anos de atraso.
Logo da visita a Redondela da responsable deste departamento, Beatiz Mato, os nacionalistas trasladaron ao goberno local unha serie de preguntas en torno ao Centrode Día de Cesantes “que logo de varios meses seguen sen ter resposta”. No escrito remitido á alcaldía preguntaban se neste encontro se falara da apertura das instalacións, ademais de compromisos concretos por parte da responsábel do departamento autonómico.
A voceira do BNG, Cecilia Pérez asegura que “non existe vontade do goberno galego de abrir un equipamento de carácter social tan demandado pola veciñanza, e que leva máis de dous anos de atraso na súa apertura” e denuncia que “as obras están adquirindo unha sensación de abandono máis que evidente”.