Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas, obradoiros e mesa de sabios no VIII Encontro da Rede Galega de Sementes

RR_Noticias

A Alameda de Redondela será o escenario desta cita, onde desde as 11.00 horas se abrirá a mesa de troco de sementes. A feira conta con outras actividades paralelas ao longo da xornada, como unha charla sobre a elaboración de pan de landras, un obradoiro de extracción de sementes e unha mesa de sabios, na que participarán agricultores ecolóxicos que levan preto de 20 anos neste sector.

Belén Fernvenza, membro da organización deste encontro, explica que a actividade central será a mesa de troco de sementes, na que os asistentes poderán intercambiar as sementes que acheguen. Pero tamén os que non leven ningunha semente poderán facerse con algunha. Esta actividade permite traballar algúns dos obxectivos fundamentais polos que se constituíu a Rede de Intercambio como son recoñecer as variedades locais cultivadas, xerar cultura labrega en torno as sementes e propiciar o encontro de persoas interesadas no tema. No obradoiro de elaboración de pan de landra os asistentes poderán coñecer e degustar este produto. Despois do xantar popular, programado para as 14.00 horas, terá lugar a “mesa de sabios”, no que participarán Pura (Vedra) e Pilar e Eloi (Xinzo), pioneiros na agricultura ecolóxica en Galicia. Durante todo o día haberá tamén actividades paralelas para os máis pequenos e unha feira de produtos ecolóxicos.  

Belén Fervenza da organizaión
O troco de sementes é a actividade central da feira.
Mesa de sabios
Nesta edición será unha homenaxe aos pioneiros da agricultura ecolóxica en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará