Unha oferta de traballo e un proceso de selección non convencional centras esta obra que o grupo Talía teatro porá en escena o sábado 5 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Arranca así o ciclo Outonoteatro que achegará ao auditorio as representación de outras cinco compañías: Malasombra, Teatro do Noroeste, Teatro galileo, Producciones el Zurdo e Sarabela teatro.
A obra, interpretada por María Ordóñez, Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo arranca nunha sala de reunións dunha empresa multinacional na que cato aspirantes comparecen para facerse cun cargo executivo importante. A razón da súa presenza é que todos eles foron convocados a unha última proba na que a empresa decidirá quen dos catro é elixido para o posto. Unha proba non convencional na que aflorarán as ambicións persoais dos protagonistas. Unha obra de Jordi Galcerán na que van da man drama e comedia. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, tan só dous euros é o que terán que abonar xubilados e estudantes. As entradas poranse á venda dúas horas antes de cada representación.