Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos tres individuos logo de atracar e darlle unha malleira a un home a plena luz do día

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar ás 11:00 horas de hoxe e segundo información da Policía Local os autores do roubo foron detidos ao chegaren a Pontevedra nun Audi A3. O home que sufriu o asalto, que segundo as primeiras informacións sería empregado dunha gasolineira, foi trasladado ao servizo de urxencias do Centro de Saúde para ser atendido das lesións e posteriormente debido á gravidade das mesmas derivouse ao Hospital Meixoeiro.  

Eran as once da mañá cando os berros dun home alertaron aos viandantes de que estaba a ser atracado por tres individuos, que no asalto lle propinaron unha malleira. Segundo as primeiras informacións a vítima sería o encargado dunha gasolineira que se atopaba no centro da vila para ingresar os cartos da recadacións -uns 50.000 euros- nunha entidade bancaria cando foi asaltado por estes individuos que non dubidaron en empregar a forza física e darlle unha malleira co obxectivo de subtraerse os cartos. Recibido o aviso de que os ladróns fuxiran nun audi A3 de cor gris en dirección a Pontevedra, a súa detención produciuse media hora despois por axentes da garda Civil que os estaban a esperar na entrada á cidade. A detención produciuse logo dunha espectacular persecución policial que arrancaba xa en Redondela. Os detidos sairon do seu vehículo cando se atopaban á altura do Instituto pontevedrés Torrente Ballester e fuxiron pola Avenida de Vigo. Un deles foi detido pola Garda Civil, mentres que os outros dous foron detidos minutos despois pola Policía Local. A Garda Civil trasladounos as dependencias da Policía Nacional para seren interrogados.

Manuel OMil Policía Local Pontevedra
Explica como se realizaron as detencións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará